O simposio Polisemo XIV

En marzo de 2024, celebramos a decimocuarta edición de El Ojo de Polisemo, o encontro universitario-profesional da tradución editorial que pretende aproximar o mundo universitario ao profesional, de xeito que as persoas profesionais da tradución se acheguen á reflexión teórica e o alumnado e o profesorado, á realidade profesional.

O encontro deste ano, que se celebra na Universidade de Vigo, leva por título Tradución e Multilingüismo. Toda literatura é grande en tradución, e falaremos de literaturas e combinacións lingüísticas menos habituais, pero necesarias. Ademais, coma en anos anteriores, dialogaremos sobre inicios profesionais, dereitos de autoría e relacións entre as diferentes profesións do libro. Tamén teremos sorteo de libros (traducidos) e outras novidades.

Comité organizador: 

Alberto Álvarez, Susana Cruces, Iolanda Galanes, Rebeca López, Lourdes Lorenzo, Jesús Meiriño, Blanca Miranda, Ana Pereira, Beatriz Rodríguez e Liliana Valado (Universidade de Vigo) 

Junta rectora de ACE Traductores 

Coa colaboración de:  

Concello de Vigo 

Universidade de Vigo 

Departamento de Tradución e Lingüística e Facultade de Filoloxía e Tradución 

CEDRO 

Facultad de Filología de la Universidad Complutense